INICIOS DA FOTOGRAFÍA



INICIOS DA FOTOGRAFÍA

A fotografía nace como resposta á inquietude do ser humano de rexistrar o seu contexto do modo máis exacto e instantáneo posible.
Foi na antiga Grecia onde xurdiu a preocupación por atopar unha explicación do fenómeno lumínico. Esto conduxo aos filósofos a observar os efetos da luz en todas a súas manifestacións. Aristóteles sostuvo que os elementos que constituían la luz trasladábanse  dos obxectos ao ollo do observador cun movemento ondulatorio.
Para comprobar a súa teoría, Aristóteles construiu a primeira cámara escura da que se ten noticia na Historia, describíndoa da seguinte manera:
  “Faise pasar a luz a través dun pequeno burato feito nun cuarto pechado  por todos os seus lados. Na parede oposta ao burato,  formarase a imaxe do que se atope enfrente”.
cameraobscura
Leonardo da Vinci e Alberto Durero empregaron a cámara escura para debuxar obxectos que en ela se reflexaban. A partires dese momento empregouse como ferramenta auxiliar de debuxo e pintura, extendéndose rápidamente en Europa.


No século XVI un físico napolitano, Giovanni Battista Della Porta, antepuxo ao orificio unha lente biconvexa (lupa) e con ela obtivo maior nitidez e luminosidade na imaxe. A partir deste avance varios científicos dedicáronse a perfeccionala. Este avance marcou o inicio do que hoxe coñecemos como obxectivo da cámara.
camera_obscura_box



A finales do século XVI a humanidade coñecía como funcionaba unha cámara pero non sabiamos como podiamos capturar e preservar a imaxe.


A principios do século XIX, cando no ano 1816 o científico Frances Nicephore Niepce obtivo as primeiras imaxes fotográficas, ainda que non era capaz de conservalas.
0_3f5fd_494f8fe5_orig
En 1835 Jacques Daguerre (francés) socio de Niepce, logra dous anos despois da morte deste a reproducción dunha imaxe sobre unha lámina de cobre (exposto durante 30 minutos), con axuda de vapores de mercurio. En 1839 Daguerre patenta o seu invento en Francia, época na cal bautízase a nova arte como “Fotografía”.
Resultado de imagen de daguerrotipo
George Eastman foi fundador da Eastman Kodak Company e inventor do rollo de película, que sustituiu á placa de cristal, co cal consieguiu por a fotografía a disposición das masas. O rollo de película sería tamén necesario para a invención do cine, xa que o seu uso atopábase nas creacións dos pioneros do cine como Thomas Edison, os Irmáns Lumière e Georges Méliès.
Resultado de imagen de eastman kodak company

Comentarios

Entradas populares de este blog

10 Razóns Para Que Non Te Deixes Enganar Polas Fotos Nas Redes Sociais