INICIOS DA FOTOGRAFÍA
INICIOS DA FOTOGRAFÍA
A fotografía nace como resposta á inquietude do ser humano de rexistrar o seu contexto do modo máis exacto e instantáneo posible.
Foi na antiga Grecia onde xurdiu a preocupación por atopar unha explicación do fenómeno lumínico. Esto conduxo aos filósofos a observar os efetos da luz en todas a súas manifestacións. Aristóteles sostuvo que os elementos que constituían la luz trasladábanse dos obxectos ao ollo do observador cun movemento ondulatorio.
Para comprobar a súa teoría, Aristóteles construiu a primeira cámara escura da que se ten noticia na Historia, describíndoa da seguinte manera:
“Faise pasar a luz a través dun pequeno burato feito nun cuarto pechado por todos os seus lados. Na parede oposta ao burato, formarase a imaxe do que se atope enfrente”.
Leonardo da Vinci e Alberto Durero empregaron a cámara escura para debuxar obxectos que en ela se reflexaban. A partires dese momento empregouse como ferramenta auxiliar de debuxo e pintura, extendéndose rápidamente en Europa.
No século XVI un físico napolitano, Giovanni Battista Della Porta, antepuxo ao orificio unha lente biconvexa (lupa) e con ela obtivo maior nitidez e luminosidade na imaxe. A partir deste avance varios científicos dedicáronse a perfeccionala. Este avance marcou o inicio do que hoxe coñecemos como obxectivo da cámara.
A finales do século XVI a humanidade coñecía como funcionaba unha cámara pero non sabiamos como podiamos capturar e preservar a imaxe.
A principios do século XIX, cando no ano 1816 o científico Frances Nicephore Niepce obtivo as primeiras imaxes fotográficas, ainda que non era capaz de conservalas.
En 1835 Jacques Daguerre (francés) socio de Niepce, logra dous anos despois da morte deste a reproducción dunha imaxe sobre unha lámina de cobre (exposto durante 30 minutos), con axuda de vapores de mercurio. En 1839 Daguerre patenta o seu invento en Francia, época na cal bautízase a nova arte como “Fotografía”.
George Eastman foi fundador da Eastman Kodak Company e inventor do rollo de película, que sustituiu á placa de cristal, co cal consieguiu por a fotografía a disposición das masas. O rollo de película sería tamén necesario para a invención do cine, xa que o seu uso atopábase nas creacións dos pioneros do cine como Thomas Edison, os Irmáns Lumière e Georges Méliès.
Comentarios
Publicar un comentario