FOTÓGRAFO ESPAÑOL GALARDONADO

O fotógrafo español César Dezfuli recibiu o primeiro premio da décima edición do Taylor Wessing Photographic Portrait Prize da National Portrait Gallery, polo retrato dun inmigrante recén rescatado do mar Mediterráneo.

Amadou Sumaila, o mozo que aparece na fotografía, ten 16 anos e provén de Mali. Foie retratado en augas internacionais, a 32 kilómetros da costa libanesa. "Creo que o retrato de Amadou destaca polas emocións que transmite", tales como "medo, desconfianza e incertidumbre, así como determinación e forza", apuntou Dezfuli, tras recibir o galardón a pasada noite.
En opinión do xurado, a mirada de Sumaila é dunha franqueza "chamativa e inquedante" e o retrato reflexa "a súa perda, soidade e determinación", informaron os organizadores nunha nota de prensa.




Dezfuli recibiu o premio, valorado en 15.000 libras (16.681 euros), nunha ceremonia celebrada este martes, na que o segundo e o terceiro galardón foron para as fotografías dunha moza fuxindo do Estado Islámico en Mosul e dun androide xaponés, respectivamente.Dezfuli, periodista "freelance" e fotógrafo documental sobre migración, identidade e dereitos humanos, tomou a imaxe mentres documentaba a búsqueda e o rescate de migrantes coa ONG "Central Mediterranean Route".

Comentarios

Entradas populares de este blog

AS 30 CÁMARAS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA

10 Razóns Para Que Non Te Deixes Enganar Polas Fotos Nas Redes Sociais

A IMPORTANCIA DA FOTOGRAFÍA