AO FINAL O FOTÓGRAFO GAÑOU Ó MONO

E AO FINAL O FOTÓGRAFO GAÑOU Ó MONO...
Se un mono faise un selfie, os dereitos de autor pertenecen ao simio ou ao fotógrafo dono da cámara que andaba por alí e propiciou a situación? Aínda que pareza unha pregunta absurda, hai xa anos que os xulgados estadounidenses teñen que lidiar con este curioso tema a raíz dun dos autorretratos máis populares e virais dos últimos anos.
E é que a organización en defensa dos animais PETA reclamou en 2015 ao fotógrafo David Slater os dereitos de autor da imaxe, actuando -eso aseguran eles- en nome de Naruto, o famoso macaco da imaxe.
Pese ás diversas sentencias que daban a razón ao fotógrafo e negaban a posibilidade de que un mono tivese dereitos de autor sobre unha fotografía aínda que técnicamente houbese disparado a cámara, as apelacións do grupo animalista conseguiron alongar o xuízo. E segundo Slater, prácticamente arruinalo polos costes do proceso xudicial.
Agora, as dúas partes chegaron a un acordo para recoñecer as sentencias a cambio de que o fotógrafo done un 25% das gañancias que xere a foto a asociacións que defendan os dereitos dos animais.
Unha victoria do fotógrafo sobre os primates? Tal vez, aínda que unha cousa está clara: Naruto será xa sempre máis famoso que o autor dono dos dereitos da imaxe.

Comentarios

Entradas populares de este blog

AS 30 CÁMARAS MÁIS IMPORTANTES DA HISTORIA

10 Razóns Para Que Non Te Deixes Enganar Polas Fotos Nas Redes Sociais

A IMPORTANCIA DA FOTOGRAFÍA